top of page

3º premio polo noso escaparate de nadal

Cando un comeza unha ventureira andaina no mundo do comercio, o camiño é unha incertidume no horizonte. O emprendedor nunca sabe ata cando vai durar o seu soño empresarial, nin ata donde vai a chegar.  
É así que cando España organizaba o Mundial ou inaugurábase o Pirulí de Torrespaña,corría o ano 1982, e en Negreira materializábase un deses soños de emprendedores: Abríase no Camiño Vello -o corazón desta nosa vila de Negreira- Confecciones Castro, un humilde negocio familiar que ofrecía, cunha atención profesional e achegada ós seus veciños, unha nova oferta para os nicrarienses no mundo téxtil.

Resulta que a tenda fixo andaina e na actualidade, esta pequena empresa familiar vai xa pola segunda xeración. 
Metidos nun negocio que leva a palabra “moda” no ADN, Confecciones Castro, lonxe de acomodarse, leva xa un tempo diversificando a súa oferta, consciente das necesidades do mercado actual e da súa demanda. Así é que en Confecciones Castro, dende 1982, seguimos hoxe ofrecendo todo un mundo de renovada confección,especialmente a de bebe,pero sin esquecer a roupa de muller,especializados en tallas grandes e roupa para xente maior,tocando un pouco o textil de home.A merceria,paqueteria e os telares estan a ter unha cabida cada vez maior na nosa tenda,cun amplio surtido de productos. Todo isto, coa garantía de calidade que de sempre nos esiximos a nós mesmos, e ós nosos proveedores. 

 

bottom of page